Sendeirismo Costeiro

Desde o pasado domingo 20 , xa se pode dicir oficialmente que estamos a percorrer a Costa Galega a pé.
Como ben sabedes moitos de vos, na nosa asociación nos propuximos ir facendo rutas de sendeirismo por toda a nosa costa.


Nesta primeira ruta, fixemos un percorrido sinxelo por Cabo Prior, que ademias foi circular:


Ademias, creamos unha páxina que podedes ver pinchando na foto da parte esquerda (sendeirismo costeiro) na que vos podedes descargar o Track list para meterlle a un GPS e seguir esta mesma ruta.

Gracias a unha adaptación que fixo Angel, descargouse o Google Earth no TOM TOM, e fumos facendo a ruta mirando en tempo real a foto de satélite. Este método nos permitiu facer a ruta por onde quixemos, e incluso coller atallos descoñecidos para nós.

Alá quedou a primeira bandeira posta, no cabo Prior:


Agora quedan anos e anos por diante para facer todo o percorrido, que non será secuencial, senón que iremos saltando según vexamos. Non podemos esquecer esta parte tan importante do noso patrimonio marítimo. Non se pode intentar protexer algo que non se coñece.´
Vos podedes apuntar no noso correo para as seguintes rutas, que esperamos que sexan como mínimo unha vez ao mes. Non hai un calendario fixo, porque tamén dependemos do tempo que faga , pero avisaremos cuns dias de antelación.


Podedes disfrutar desta e mais fotos no noso album específico para o sendeirismo, ó que podedes acceder no link da ruta.

Comentarios