luns, 3 de maio de 2010

Movemento no Estaleiro de Lorbé

Esta semán non houbo cursiño de carpintería por mor do festivo deste sábado. Pero no Estaleiro de Pepe en Lorbé abonda o traballo.

Ó longo desta semán podedes ver no carro ó Tina Husted, ese vello veleiro que vedes asíduamente fondeado en Sada. Este barco, construído en Dinamarca en 1947, estivo presente en Brest 2008.

Para saber máis sobre o Tina Husted, ou tamén ver a súa páxina oficial.

Tamén, se vos acercades por Lorbé podedes ver xa rematado o bote que estaba facendo Pepe ó longo deste pasado mes.





E por último contarvos que a Betty, un novo barco que navegará na flota patexeira, tamén entrou no estaleiro de Lorbé para facerlle reparacións de emerxencia para poder botalo ó mar. Outro barco máis que salvamos de ir para o lume.


by Palmeirán

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Fainos teu comentario aquí ou envíanos un correo a patexeiros@hotmail.com

A miña foto
Asociacion cultural en defensa da conservación do patrimonio marítimo, o litoral e a cultura mariñeira. Contacta con nós no CORREO: patexeiros@hotmail.com ou ben no noso FORO: http://patexeiros.foroactivo.com