domingo, 6 de xuño de 2010

A Balbina xa está en Sada

Este domingo pola mañán procedemos, coa imprescindible axuda de David, o seu Tina Husted, e Maca, a darlle remolque a Balbina cara ó seu porto de Sada.

Case con puntualidade inglesa, sobre as 11 da mañán de hoxe, chegou David patroneando o Tina Husted a Lorbé.

A bordo da Balbina xa o estábamos esperando o patrón Martiño e os mariñeiros Agustín, Francisco, Nacho, Xose Lagares e un servidor, Jose "Palmeirán".

Tras unha perfecta manobra do Tina Husted para poñerse á proa da Balbina, e grazas á colaboración dun amigo de Lorbé que nos levou a gamela de volta ó muelle, e así poidemos ir todos a bordo da Balbina, dou comezo o remolque.


A singladura transcorreu sen incidencias, cun mar como un prato. Aproveitamos para ir baldeando a cuberta que estaba chea de argazo.

Baixo as ordes do patrón Martiño foron exercendo de timoneis, Agustín, Nacho e Francisco, mentres os Xosés estábamos "castigados" fregando a cuberta.


Démonos conta do rápida que é a Balbina pois quería andar máis ca o Tina Husted.

Rondando a unha da tarde e tras outra perfecta manobra de David que nos deixou clavados na boia donde amarramos, demos por finalizada a operación do remolque.

Aproveitamos para darlle un millón de grazas a David por facer posible este remolque, a Maca por ir supervisando todo o tempo o enganche, e ó patrón da lancha (síntoo porque non lle preguntamos nen o nome) que nos levou logo da Balbina para o muelle de Sada.

A Balbina xa está no seu sitio.

Welcome home.


by Palmeirán

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Fainos teu comentario aquí ou envíanos un correo a patexeiros@hotmail.com

A miña foto
Asociacion cultural en defensa da conservación do patrimonio marítimo, o litoral e a cultura mariñeira. Contacta con nós no CORREO: patexeiros@hotmail.com ou ben no noso FORO: http://patexeiros.foroactivo.com