martes, 6 de xullo de 2010

CRUCEIRO NO TINA HUSTED POLA RÍA DE FERROL


O Pasado Domingo 4 de Xullo, David Powell, patrón do Tina Husted invitou á plana maior dos Patexeiros e a algúns amigos a facer un cruceiro pola ría de Sada e Ferrol. Aquí tedes un resumo de tan peculiar e placenteira singladura:

CADERNO DE BITÁCORA DO PATEXEIRO:

Zarpamos dende os pantaláns do clube nautico de Sada ás 12,00 H con ceo cuberto e marexada. O Capitán David Powell e a Contramestre Maca, deronnos instruccións previas de como proceder e maniobrar a bordo. Conseguimos amarrarnos a unha boia (ó segundo intento) para desplegar velas. Toda a pasaxe contribuiu á tarefa, despregamos a vela maior, un trinquete e logo a vela de mesana, coa emoción de estar a vivir unha grande aventura.

Enfiamos cara á saida da ría de Sada, deixando pola banda de babor Veigue, Lorbé e as súas numerosas bateas... a esta altura da navegación, unha manada de arroaces deleitounos cos seus saltos e seguiu a carón do Tina Husted máis dun cuarto de hora. Esta compañía, como podedes imaxinar, deunos a maior das alegrías e bós augurios para a nosa singladura.

Ceñimos o vento do Noreste, O Tina Husted cabeceaba e navegamos coas velas desplegadas e tamén co motor ate chegar facendo dous bordos (cambiou a dirección do vento) ate á estreita entrada da ría de Ferrol: David púxose ó mando dos gavieiros Patexeiros e arriamos todo o velamen, fomos a motor á modiño pasamos polo estreito paso dos Castelos de San Felipe e da Palma que defendían antigamente a ría.

Atracamos no fermoso e pintoresco Mugardos: onde fixemos comemos a "pitanza do mariñeiro" a bordo do Tina: empanadas, tortillas regado todo con abundante cervexa, viño do país e de postre larpeira.

Aproveitamos o tempo para baixar a terra e dar un paseo por Mugardos. Amoreámonos tripulación e oficiais nunha terraza e disfrutamos da conversa, das risas e en xeral do bó humor todos os que íamos no cruceiro.

Marchamos do Porto de Mugardos ás 18,00 h, nun principio a motor, logo desplegamos o velamen... tivemos a sorte de que un suave vento nos empuxaba pola popa, Os nativos da ribeira, saúdannos con entusiasmo... e supoño que tamén con envexa por ver o ben que o pasamos. Nun intre de relax da tripulación: o grumete Josiño colle a guitarra e entretennos coas súas cancións e versións desde Dylan á Radio Futura e Victor Manuel: moitas risas, aplausos e coros.

Saímos a mar aberto, e o vento comezou a soplar máis forte, Josiño gardou a guitarra... e todos seguimos as ordes do capitán e contramestre para facer as manobras nauticas: bordos, izar e arriar velas: algúns patexeiros se atreven co timón; Francisco, Xaime Picapeixe... pouco a pouco divisamos o dique do porto de Sada, e finalmente chegamos de volta ás 20,30 horas. A tripulación estoupa de alegría, moitos aplausos e hurras. Decidimos facer unha merenda - cena a bordo, facemos os derradeiros brindis, á saude do capitán e finalmente despedímonos todos, xurando que hai que voltar a repetir esta magnífica experiencia.

Disfrutamos dunha singladura memorable a bordo do Tina Husted. Algúns cumprimos un soño outros desmitificaron o seu medo ó mar, todos traballamos e compartimos vivencias, humor e amizade, o placer de escoitar o vento e ulír o salitre, de enfrentarse ás máxias e misterios do océano. Ogallá repitamos tamén na Balbina

UN SAÚDO MARIÑEIRO A TODOS, Os Patexeiros

2 comentarios:

  1. que envexa! a ver si para outra vez me cadra mellor e podo ir.

    ResponderEliminar
  2. Cagondiez, xa me puxestes os dentes larghos...

    ResponderEliminar

Fainos teu comentario aquí ou envíanos un correo a patexeiros@hotmail.com

A miña foto
Asociacion cultural en defensa da conservación do patrimonio marítimo, o litoral e a cultura mariñeira. Contacta con nós no CORREO: patexeiros@hotmail.com ou ben no noso FORO: http://patexeiros.foroactivo.com