venres, 8 de abril de 2011

Na terceira sesión das Xornadas

O pasado sábado, celebramos no peirao de Lorbé a terceira sesión das xornadas sobre posta en valor do patrimonio marítimo. Na primeira parte do dia, tivemos a visita á nave da Asociación de Redeiras de Lorbé. Na visita, elas nos explicaron como traballan, como traballaban antano, os problemas que teñen na súa profesión, e moitísimas cousas máis. Foi maravilloso escoitar como unha asociación de autónomas consegue sobrevivir, a pesar de toda a problemática que rodea o seu oficio. Foron moi amables, e ademais, tivemos na nave de redeiras un pequeno debate sobre conservación do patrimonio marítimo, incluindo lembranzas sobre aparellos xa desaparecidos. Increible a cantidade de xente que coñecían na zona, prácticamente a toda do mundiño do mar, con cadanseu alcume. !!ISO SI QUE SON REDES SOCIAS E NON O FEISBUC ESE!! (e máxime vindo das "redeiras"). Os Patexeiros fixemos unha invitación oficial a participaren na II Feira mariñeira de Sada, e mesmo quedamos con elas non só para compartir cartel, senón tamén para confeccionar na Feira un Medio Mundo (arte de pesca desaparecida) a medias con elas. A ver se puidera ser certo.... Sentimos non poder ofrecervos fotos do evento. Como é unha asociación de profesionais en activo, non está permitido sacar fotos do local por temor ao espionaxe industrial. Iso ou que se nos olvidou a cámara, foi por unha desa duas razóns. Para rematar, nos ofreceron café e mais unha Larpeira. A visita foi maravillosa, e esperemos que algun dia poidamos telas de veciñas... Xa mais adiante, despois do café, fixemos na carpintería unha pequena introducción teórica sobre o funcionamento dun barco a vela, agardando que chegara o segundo prato do dia:

O Antonio, de Lorbé, quen se brindou a darnos unhas explicacions valiosísimas sobre a navegación a vela tradicional no golfo Artabro.


Antonio, contou que cando era so un meniño de 6 anos xa navegaba a vela co seu avó, quen ademais se adicaba entre outras cousas a facer velas.


Hai que suliñar que hai moi pouca literatura ou podemos dicir ningunha sobre a técnica da vela tradicional no golfo Artabro, e isto se nota. Cos datos que nos aportou Antonio ben se podería escribir un artigo monográfico ou, ¿por que non? un libro, coma fixeron os compañeiros catalans.


Antonio nos explicou que a vela levaba una relinga no puxamen, para que a fixera embolsar, e que nunca cambiaban a vela, se tocaba ir á mala iban á mala. Tampouco montaban roldanas no pao, senon media noz, e no sentido babor - estribor, non proa - popa.


Tamén dixo que acostumaban a levar un saco de 25 k (ou mais) para facer contrapeso e non escorar tanto.

Para tomar boa nota das suas indicacions, e facer unha pequena demostración, levamos o "Arredemo", sendo o resultado un dos mais sonado ridículos, tan só superados polos que facemos nas regatas. A conclusión foi que .... mellor o preguntades e xa vos iremos dicindo..... E tamén lle chamou a iso "Bote Pulpeiro". Pero nos recalcou que tiña que ter: PEITO DE LOBO E RABO DE XARDA para ser un auténtico bote de vela tradicional. Claro que isto xa o intuiamos, pero lamentablemente xa non quedan botes así. A diferencia das dornas nas rias baixas, o bote das rias altas adaptou hai moitos anos a súa fasquía para poder levar mellor o motor, facendo as popas mais rectas e o primeiro cuarto da eslora mais estreito. Que se lle vai facer...... Pois outro bote. Os Patexeiros temos un as baixo a manga. Hai un por ahí, que o dia que saque o bote do galpón ides flipar. Iso si que e rabo de xarda e peito de lobo.... E que por certo, tivo a xentileza de ir buscar a cámara para esta segunda parte do dia. Esperemos que na derradeira xornada do vindeiro sábado, siga todo tan animado e productivo como ate agora. Nesta derradeira sesión, tócalles aos de Mera, o Clube Nautico Punta Bufadoiro, e os actos se celebrarán na Casa Labarta, frente ao embarcadoiro de Mera. Moito ánimo aos amigos de Mera, que estan a facer un traballo moi interesante, e con moitas ganas.

2 comentarios:

  1. Gustariame comentar que para a Xornada deste sàbado zarpamos de Ferrol dúas embarcacións tradiccionais con tres mariñeiros cada unha.
    Chegamos ata punta Coitelada onde moi ao noso pesar tivemos que voltar pois habia unha mar que metia medo.
    Comunicandolle a organización nese intre a imposibilidade de asistir ao evento.

    Saúde e centolas.

    Tio Mini

    ResponderEliminar
  2. Grazas Mini, a verdade e que nos estranou non vos ver polo peirao. Algún se atreveu a decir que vos quedárades ás xardas na boca da ría, outros que fórades tomar unhas cervexas a Mugardos. ¡¡¡Xente mal pensada hai no mundo!!!!. Bueno, tedes uns resumos das últimas sesións das xornadas nesta páxina. Grazas compañeiros.

    Palmeirán

    ResponderEliminar

Fainos teu comentario aquí ou envíanos un correo a patexeiros@hotmail.com

A miña foto
Asociacion cultural en defensa da conservación do patrimonio marítimo, o litoral e a cultura mariñeira. Contacta con nós no CORREO: patexeiros@hotmail.com ou ben no noso FORO: http://patexeiros.foroactivo.com