luns, 11 de abril de 2011

REMATE DAS XORNADAS SOBRE POSTA EN VALOR DO PATRIMONIO MARITIMO DO GOLFO ARTABRO

O pasado sábado 9, na Casa Labarta, en Mera, remataron as xornadas.

Este dia, comenzou cunha interesantísima mesa redonda sobre pasado presente e futuro da pesca en Mera.

Alá estiveron varios dos que foran mariñeiros na Vila, os mais veteranos, que nos contaron moitas anécdotas e moitas vivencias sobre o que fora seu traballo ao longo de moitos anos.

Mera chegou a ter mais de cento e pico socios na Cofradía, pero pouco a pouco foise esnaquizando o colectivo, e hoxe, ainda que e unha das poucas cofradías que se mantén e sen débedas, xa non ten barcos amarrados en Mera. Por mor de non ter sorte coas infrastructuras, a frota foise indo a outros portos.

Guillermo, o Presidente da Cofradía, explicounos moitos dos problemas que teñen actualmente, de cómo unha administración que descoñece a vida cotiá do mundo do mar, establece normas que, as veces non se poden chegar a cumprir.

Alá formouse un acalorado debate, cando despois do pasado e do presente chegoulle o turno ao futuro. Os armadores mais novos, explicaron de que xeito teñen que competir, cando na lonxa seu peixe, UN PEIXE FRESCO DO DIA E UN EXCELENTE PRODUCTO DE CALIDADE MOI SUPERIOR ten que competir directamente co dos conxeladores, sen distinguirse deste claramente.

Foi curioso o que vimos entón no cartel enorme que desde o curruncho presidia o debate:



Non se ve demasiado ben na foto pero vos traduzo: EUROPA INVISTE NA PESCA SUSTENTABLE.

Se o di o cartel, será que si. Por iso estes armadores dixeron que non querían subvencións, senon xustiza do seu producto. Por iso se favorece a gran producción industrial, (Conserveiros, conxeladores, pesca de altura...). Por iso favorecen a instalación de piscifactorias coa excusa de que xeneran moitos postos de traballo (persoalmente penso que o que fan é contabilizar aos salmóns coma se estiveran en nómina). Debe de ser certo o da pesca sustentable, si, que por iso se volve a favorecer non ao grande senon ao xigante, e logo se lle obriga a competir ao pequeno coas mesmas regras.

Nos explicaron cómo na lonxa vai ao mesmo saco o peixe que ainda hai unha hora estaba no mar co que veu do Gran Sol.

Na medida na que TODOS (administración, consumidores, comerciantes) poidamos valorar este producto, estará a clave para a supervivencia da pesca de baixura e a non destrucción de moitos postos de traballo.

Pero tal e como están as cousas, parece que o que pasaba e que sinxelamente había unha errata no cartel, tal vez o que querían dicir era:

EUROPA EMBISTE CONTRA A PESCA SUSTENTABLE

E falando de sustentabilidade, nos fumos a tomar uns pinchos, que moi amablemente montaron os amigos de Punta Bufadoiro

Logo dos pinchos, a cousa foi un pouco mais esperanzadora. Veu Milucho, o presidente da Cofradía de pescadores de Lira, para presentarnos o que foi e segue a ser un dos mais innovadores proxectos de sustentabilidade para una vila mariñeira.

O proxecto Mar de Lira, trata de darlle valor engadido ao producto pesqueiro de baixura, apoiado co turismo mariñeiro, facendo venta on line de productos na web, facendo promocion do producto na alta hostelería, e moitas cousas mais. A verdade que é moi interesante a iniciativa, e que leva funcionando case 10 anos. Esperemos que un dia poidamos ir a probar a experiencia de ir pescar con eles. Para mais información visitade o seu Web:

E xa por último, e antes da clausura veu falarnos Victor, o noso presidente sobre a Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial, e do que e o Patrimonio Marítimo. Do importante que é manter un signo de identidade cultural propio e coma éste, no eido do mar, está ainda moi pouco valorado.
Nos emplazou tamén a coñecer moito máis sobre as nosas embarcacions no Encontro de Embarcacions tradicionais de Galicia, que se celebrará en Carril o vindeixo remate de Xuño. (30, 1,2,e 3 de xullo)


E por último o broche final do Alcalde de Oleiros, quen nos animou a seguir a traballar na mesma liña.
E isto foi todo.

Aquí quedaron moitas cousas ditas nestas xornadas. Agora que xa puxemos en valor o noso partrimonio marítimo faltaría poñelo non só en valor senón ademáis no mar , que é onde debería estar.

Pero isto.... isto é moito máis complicado e como se dí moitas veces, é outro conto....

Pola banda dos Patexeiros, so nos queda agradecer moito a todas as persoas que participaron nestas xornadas a sua presencia, agradecer á organización exemplar de CAIXAL, ao GAC 2, ao Concello de Oleiros a Pepe o Carpinteiro, como non aos amigos de Punta Bufadoiro, que fixeron un traballo boísimo e cargado de ilusión, ás redeiras de Lorbé, aos compañeiros de Ferrol....

Moitísimas gracias a todos por axudarnos.

Agora, e facendo un símil mariñeiro, dicir que estas Xornadas xa quedan para nós na Popa, xa pasaron, deixando un dos mellores sabores de boca da historia da nosa asociación.

Por iso, sempre levaremos o agarimo na mirada cando miremos cara Popa, e non se nos esquecerán nunca estes dias.

1 comentario:

  1. Fue una pena perderme la última jornada. Tenía verdadero interés por escuchar al representante de lira. Yo creo que es la cofradía más innovadora y creativa.

    ResponderEliminar

Fainos teu comentario aquí ou envíanos un correo a patexeiros@hotmail.com

A miña foto
Asociacion cultural en defensa da conservación do patrimonio marítimo, o litoral e a cultura mariñeira. Contacta con nós no CORREO: patexeiros@hotmail.com ou ben no noso FORO: http://patexeiros.foroactivo.com