ULTIMAS NOVAS

O Blog da Balbina

O Blog da Balbina
Toda a información sobre a restauración do noso barco

PATROCINADOR OFICIAL

PATROCINADOR OFICIAL
Patrocina estas novas

viernes, 1 de abril de 2011

Visita a Coruña do Christian Radich

Para todos os amantes da vela, e sobre todo para os das embarcacións tradicionais, é un pracer ver estes días no peirao de trasatlánticos da Coruña á fragata norueguesa Christian Radich.

Onte pola noite e hoxe a primeira hora da mañán, estaba acompañada de outro grande veleiro, o Sorlandet, tamén noruegués do que non vos podo ofrecer fotos, xa que só lle vin os mastros dende o coche, e á hora da comida, cando foron quitadas as fotos, xa non estaba amarrado ó peirao.


Bonito mascarón de proa ten o Christian Radich.

Será o preludio da regata de grandes veleiros que arribará á Coruña o vindeiro ano.

by Palmeirán.

1 comentarios:

  1. Ei PAtexeiros. Non sería tanto o ridículo do Arredemo, digo. E se hai que preguntar, preguntamos. ¿Qué comentou o señor?
    Por certo: moitas felicidades polo voso magnífico traballo; ainda que o mellor recoñecemento é o que vos está dando a xento do mar de Sada e Lorbé. Sulcades mares virxes...
    Qué gustazo! Moita sorte con todo
    Suso de Lajareu

    ResponderSuprimir

Fainos teu comentario aquí ou envíanos un correo a patexeiros@hotmail.com

Mi foto
Asociacion cultural en defensa da conservación do patrimonio marítimo, o litoral e a cultura mariñeira. Contacta con nós no CORREO: patexeiros@hotmail.com ou ben no noso FORO: http://patexeiros.foroactivo.com