Por fín podemos presumir de tripulación e de barco, gañando limpamente a que foi única manga que se disputou na regata de onte en Sada.
Nesta ocasión, nos visitaron os compañeiros Xabier e Verónica, que embarcaron con nós para vivir en primeira persoa a regata. Xabier e Verónica, pertencen a asociación cultural "Montedaestrela" de Arteixo, e traballan na defensa do patrimonio cultural galego. Podedes ver ahí o seu traballo: ASOCIACIÓN CULTURAL MONTEDAESTRELA
A regata foi encabezada en todo momento pola dorna Boaventura, que saiu de primeira, seguida do Osorio, e por detrás o Arredemo. Pero o Osorio non foi quen de enganchar á dorna, que foi cara a boia de barlovento coma un proxectil, a pesar do escaso vento.
O Osorio navegou ben, pero non os deron pillado. E o Arredemo mantívose fiel aos seus principios. Moita calma, moitísima calma, disfrutando da paixase e do dia caluroso coma ningún.
Podedes ver e descargar as fotos da regata:
https://picasaweb.google.com/ospatexeiros/PrimeiraRegataCopaBalbina2011?authkey=Gv1sRgCI7o2--b1M6ttgE#
E como non, a clasificación oficial 2011 no mesmo sitio de sempre:
http://sites.google.com/site/descargasxerais/Home/regatas-e-outros-eventos
E xa por último, vos ofrecemos un resumen de prensa do dia de hoxe, para que vexades o importantes que somos. Parabéns aos campeóns

Noraboa ó patrón e tripulantes da Boaventura. Este ano sí que vai.
ResponderSuprimir