A COPA BALBINA POR PRIMEIRA VEZ EN SADA

  Impresionante triunfo da dorna Boaventura na primeira regata da Copa Balbina 2011, impoñéndose nada máis e nada menos que ao mesmo bicampeón OSorio.
Por fín podemos presumir de tripulación e de barco, gañando limpamente a que foi única manga que se disputou na regata de onte en Sada.


 Tamén hai que dicir que as condicións meteorolóxicas non eran as mellores, porque faltou un pouco máis de vento, pero a habilidade de Pepe, Jaime e máis Verónica supliron esa carencia.
Nesta ocasión, nos visitaron os compañeiros Xabier e Verónica, que embarcaron con nós para vivir en primeira persoa a regata. Xabier e Verónica, pertencen a asociación cultural "Montedaestrela" de Arteixo, e traballan na defensa do patrimonio cultural galego. Podedes ver ahí o seu traballo:   ASOCIACIÓN CULTURAL MONTEDAESTRELA


A regata foi encabezada en todo momento pola dorna Boaventura, que saiu de primeira, seguida do Osorio, e por detrás o Arredemo. Pero o Osorio non foi quen de enganchar á dorna, que foi cara a boia de barlovento coma un proxectil, a pesar do escaso vento.

O Osorio navegou ben, pero non os deron pillado. E o Arredemo mantívose fiel aos seus principios. Moita calma, moitísima calma, disfrutando da paixase e do dia caluroso coma ningún.

 Podedes ver e descargar as fotos da regata:

 https://picasaweb.google.com/ospatexeiros/PrimeiraRegataCopaBalbina2011?authkey=Gv1sRgCI7o2--b1M6ttgE#

E como non, a clasificación oficial 2011 no mesmo sitio de sempre:

http://sites.google.com/site/descargasxerais/Home/regatas-e-outros-eventos

   E xa por último, vos ofrecemos un resumen de prensa do dia de hoxe, para que vexades o importantes que somos. Parabéns aos campeóns

Comentarios

  1. Noraboa ó patrón e tripulantes da Boaventura. Este ano sí que vai.

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Fainos teu comentario aquí ou envíanos un correo a patexeiros@hotmail.com