O estaleiro de Pepe en Lorbé non para.
Pepe está traballando nunha buceta que se decidiron a recuperar os amigos do C.N.Punta Bufadoiro. Como vedes nas fotos estánlle botando nova toda a parte superior, bancos, barraganetes, trancanil, corredores, as táboas superiores do forro, etc...
Está claro que está quedando preciosa.
Ó mesmo tempo Pepe e Jose, o fillo, tamén están empezando a construcción dun barco novo, aquí vedes o primeiro paso de construcción, roda, quilla e codaste, feitos en carballo e elondo, unha maravilla.
Que non pare o movemento.
by Palmeirán.
Dionisio
-
* Publicamos o texto íntegro que Dionisio Pereira leu na presentación de
Iria, a novela de Anxo Angueira, a bordo do galeón o Rei do Mar, dentro dos
actos ...
Hace 10 horas




Moi boas novas!
ResponderSuprimirEse barco novo vai levar a popa redonda? xa non se ven popas así.
Xa vos irei dando máis información, Xocas. Cada vez que pase por Lorbé vos irei actualizando as fotos para que sigades o proceso de construcción.
ResponderSuprimir