Outra xornada do cursiño de carpintaría

Antes do cursiño, pasei polo local Patexeiro para darlle ás cadernas xa montadas unha pasada coa lixadora, imprimación fondo protectora, e pintéinas cunha mezcla ó 50% de alquitrán vexetal e un lasur satinado cor carballo.

Éste foi o resultado. Pensamos que así quedarán ben tratadas, pero non sabemos a cencia certa se isto evitará que o carballo traballe e se retorza, xa que, como dixemos en anteriores resumes, estamos traballando con carballo moi verde e non queríamos pintalo, xa que a nosa intención e deixar a buceta a madeira vista.

Durante esta xornada, repasóuse, para que os asistentes o tiveran claro, as caídas que deben ter os genoles e as varengas en cada caderna.

Logo empezamos a marcar no carballo o resto das pezas que conformarán as cadernas que faltan da proa.

Cunha motoserra toramos o tablón de carballo para facilitar o seu cortado na serra de cinta.

De novo, un dos alumnos máis avantaxados decidéuse a cortar as pezas na serra.

Unha vez cortadas na serra pasaron pola cepilladora, e como se fora unha cadea de montaxe, unha vez cepilladas, as fomos levando á regruesadora.

Xa na mesa de traballo, se marcaban as plantillas sobre as prezas, para definir exáctamente a figura tanto de varengas como de genoles, e marcando en cada unha as líñas de augas para posteriormente irlle dando as caídas correspondentes.


No descanso do curso, aproveitei para darlle a imprimación de fondo á roda-quilla-codaste.

Na segunda parte, Luisjo atrevéuse coa serra, axudado por Jorge elevando a mesa para darlle as caídas ás pezas.













Nalgúns cursillistas nótase xa moita soltura no traballo, mentres que os que non poidemos ir todos os días estamos un pouco máis verdes.


Palmeirán

Comentarios

Publicacións populares deste blog