OS PATEXEIROS CONSTRUIRÁN UNHA GOLETA DE DOUS PAUS


Tras o barapau que supuxo que Portos de Galicia cancelase a construcción da goleta nun asteleiro galego por falta de presuposto, a carpintaría de ribeira en Galicia quedou doente.

Os Patexeiros, no seu afán de promover a cultura marítima e fomentar o oficio dos carpinteiros de ribeira, xa acreditado cos numerosos cursos de carpintaría de ribeira, que vimos desenvolvendo nos últimos anos, decidimos embarcarnos nun proxecto de embergadura.

Entramos en conversas cun amigo noso, enxeñeiro naval e deseñador, que nos fixo o deseño e o proxecto completo sen ter que desembolsar nin un so euro. A idea é construir unha goleta de 2 paus, de 25 metros de eslora e 6,5 de manga e casi 3 metros de calado, cunha fasquia similar á goleta América, que como sabedes foi a que dou nome á prestixiosa Copa América.

A goleta aparellará duas cangrexas con escandalosas, foque e trinqueta, e da confección das velas se encargará unha empresa galega. Levará un sistema novidoso para manobrar as escandalosas. Este sistema, totalmente mecánico e con engranaxes en madeira de guayacán, foi ideado por un dos cerebros da Asociación, e permitirá facer as manobras cun mínimo de tripulación.

Por suposto unha parte dos socios estaba en contra de levar ó cabo este proxecto, xa que algo así esixe un presuposto moi, pero que moi elevado, pero o ímpetu dun grupo de socios optimistas impúxose e aprobóuse levalo adiante sempre e cando se conseguira polo menos un 90% da súa financiación.

Despóis de presentar o proxecto en ducias de sitios, tanto oficiais como privados, por fin, unha empresa galega con presencia en máis de 70 países, accedeu a financiar case que a totalidade do proxecto, a cambio de que a goleta leve as súas velas estampadas co logo da empresa ou das marcas que son propiedade da empresa, durante un prazo de 15 anos.

Como sempre, saíron voces críticas decindo que eso sería moi “charramangueiro”, ou que era unha utilización mercantilista da Asociación, pero tras escoitar os argumentos de que o principal era defender á carpintaría de ribeira e que o proxecto xerase cartos no país, todos estiveron de acordo.

A goleta utilizarase para fins ecoloxistas, na preservación das artes de pesca tradicionais, a defensa do litoral costeiro, a conservación das especies mariñas, e loitará contra os vertidos clandestinos nas rías, entre outras funcións medioambientais.

Virá así a actuar a modo de outra famosa goleta, o Rainbow Warrior II.

A goleta tamén estará presente en todas as regatas da Copa Balbina de vela tradicional ainda que está previsto que non compita nela directamente, pero si se desputarán unha serie de desafíos a dous contra barcos cunha superficie vélica similar á da futura goleta, entre eles o Osorio, gañador de varias edicións da Copa Balbina.

O asteleiro no que se construirá ainda non está determinado pero tendo en conta a recente ampliación das instalacións, que fixo Pepe no Asteleiro de Lorbé, e a relación que o une cos Patexeiros, ó longo destes anos de realización dos cursos de carpintaría e das reparacións nos barcos da flota, posíblemente se lle adxudique finalmente a construcción, que comenzaría o vindeiro verán.

O que nos queda pendente neste momento é a elección do nome que lucirá a goleta. Un sector dos Patexeiros apoiaba o nome de Artabria, outro a quería chamar Balbina II, e outros nomes que soaron foron Esperanza, Marola, Ardentía, Lua de Lorbé. Como non houbo quorum, decidimos que se faría un concurso a traveso da web para que a xente vote o nome que levará a goleta

Non vos podemos mostrar os planos neste intre porque se están facendo unhas modificacións de última hora, pero si vos presentamos o que foi un dos primeiros bocetos do deseñador.

Estade atento á nosa páxina porque en pouco tempo teredes máis novidades sobre este proxecto.




Comentarios

  1. Pero levará motor? porque cando pensedes en ir a Tahití teredes que pasar o Ecuador, e xa se sabe que aí non hai vento.

    ResponderEliminar
  2. Vos teño máis outro nome para a lista: "Rambo, o Gherrilleiro ..."
    O que non sei é se III, IV, V ... Perdín o fío da peli.
    Parabéns pola noticia:o)

    ResponderEliminar
  3. ¡Buaaaa....choni...moitas Xardas nesas adegas
    ¿tedes libre o posto de patron de pesca?
    ¡lembradevos dos probes!

    ResponderEliminar
  4. Este comentario foi eliminado por un administrador do blog.

    ResponderEliminar
  5. Mini, facíanos falta un bote auxiliar e o Bote de Pau encaixa á perfección cas líneas que vai ter a goleta. Se estás interesado, xa sabes, ti pide. Por cartos xa vés que non é. Incluso alguén rumoreou que se vendía o Canouro e que sería unha oportunidade. Agora que sobra a financiación igual nos podemos facer cos dous.

    ResponderEliminar
  6. Patexeiros dijo...

    Con respecto ó motor temos varias opcións. Por unha parte cedennos un Larrán similar ó da Balbina pero alixeirado. Foi rectificado por un operario que traballou con eses motores moitos anos. Por outro lado tamén temos a posibilidade de meterlle un motor dun bus londinense Leyland Titán, que se adaptan moi ben a marinos e que un dos socios ten fácil de localizar. Pero finalmente, como o barco se destinará a fins ecoloxistas, se decideu montar un motor electrico Siemens que se consigueu do desguace de un tren AVE, e para alimentalo se encherá a cuberta dunhas novas placas solares conseguidas en Finlandia que simulan a madeira de piñeiro.

    ResponderEliminar
  7. Xa lle teño nome... O Trola I. Moi boa, jajajajajaa

    ResponderEliminar
  8. Vale, moi ben o proxecto da goleta a verdade é que sodes valentes... Unha oportunidade única. O único que agardo é que os focos do novo proxecto non deixen de lado o "aparellamento da balbina".
    Nunha goleta, sí que cun chisco de paciencia polos veteranos, os non expertos, podemos aprender técnicas.... podería empregarse tamén como buque - escola (o J.SEBASTIÁN ELCANO) da frota patexeira.

    En canto ós nomes: Artabria... sona moi "serio"... eu propoño "Marola" ou "Maruxía" ou "singladura"

    NORABOA POLO PROXECTO .... saudos, Nacho Baamonde

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Fainos teu comentario aquí ou envíanos un correo a patexeiros@hotmail.com

Publicacións populares deste blog