martes, 12 de xuño de 2012

พิพิธภัณฑ์เรือไทย (THAI BOAT MUSEUM)



Como sabedes, hai moitos tipos de turismo, e parece que tamén hai un pequeño espacio para o turismo mariñeiro.

E practicando esta modalidade estivemos en Thailandia no mes pasado. Nunha visita a Ayutaya, antiga capital do reino de Siam, coñecimos a una familia moi peculiar, os donos e fundadores do THAI BOAT MUSEUM (พิพิธภัณฑ์เรือไทย)
Cremos que non só merecen un artigo divulgativo, senon que con elo, queremos rendirlle una homenaxe, porque de verdade que hai xente neste mundo , que a merece, e a familia Paitoon e un claro exemplo.
O Thai Boat Museum e un museo adicado as embarcacions tradicionais thilandesas especialmente de rio. Mr Paitoon,  foi mestre de construcción naval no que pensó que equivaldría aquí á escola de enxeñería naval  durante 40 anos.  Para explicar  os proxectos, construia maquetas que logo mostraba aos alumnos, e de ahí naceu una forte afición ao maquitismo e ao coleccionismo que tanto el coma seu fillo seguen cultivando.

Tanto e así , que viven nunha  preciosa casa museo(a casa tamén e de construcción tradicional tailandesa)  adicado as embarcacions tradicionais thilandesas.  O museo conta con numerosas pezas reais e moitisimas mais maquetas. Hai embarcacios que superan os 150 anos de antiguedade, hai outras que foron feitas directamente do tronco da árbore, vaciando este.

Unha das pezas mais chamativas, e una embarcación tradicional posta tal e como iban ao mercado frotante, coa sua báscula, e incluso mercancía exposta.  Había outra que era a “cafetería” frotante, e outras mais adicadas a outros usos. 

E curioso observar coma nun sitio tan lonxano e desconectado da nosa cultura popular os pasos da destrucción do patirmonio frotante (fluvial, neste caso) son prácticamente os mesmos  que aquí.  Comentabanos eles, que coa chegada da fibra, cada vez quedan menos carpinteiros que fagan embarcacions de madeira, e que prácticamente tamén alá nunha xeración perdeuse o oficio.

Claro que segue  a haber toda  esa ebullición de vida en torno aos ríos, pero buscouse o abaratamento e a funcionalidade,  e pucos quedan xa que sigan coas suas embarcacions de madeira “(Rua”, como llechaman alá a una embarcación).

Por iso, hai que destacar o traballo desta  familia, que logrou reunír  todas esas embarcacions nunha casa tradicional tailandesa, e gracias a eles podemos ver unas mostras do que e ou do que foi a sua arte en construcción naval.

Como non, Intercambiamos enderezos, asinamos no libro de visitas, e quen sabe, tal vez poidamos  ter un contacto asiduo cos donos do museo, porque coma nós, navegan as veces en contracorriente para conservar o patrimonio fluvial neste caso.

Eles non están dotados de subvencions , e a entrada do museo e una doazón, para se manter. Ademais, por se fora pouco o ano pasado as inundacions fixeron entrar a auga ate o 2º piso (ainda se veía a marca da auga nalguns sitios).  Pero seguiron, amañaron  todo o que puideron, e ala están, recibindo as visitas cunha amabilidade exquisita, cun sorriso permanete , cunha hospitalidade insospeitada e transmitindo  toda esa enerxía positiva ao visitante.
nesta foto do panel de ferramenta, podedes ver a marca da
auga nas inundacions. E tede en conta que estaba colgado na parede do segundo piso.
Por suposto que paga a pena ir.  A Thailandia , a Ayutaya (una cidade maravillosa, antiga capital do Reino de Siam) e como non ao seu maravilloso Thai Boat Museum

Aparte das nosas fotos,  podedes ver mais información na sua páxina:

http://thaiboatmuseum.com






3 comentarios:

  1. Moi boa reportaxe!
    Interesante o Thai Boat Museum. Vese que fai máis quen quere que quen pode :-)
    A cultura marítima do sudeste asiático é moi rica, incluso hai algún pobo que vive nos seus barcos no mar, como nómadas.

    ResponderEliminar
  2. Parabéns tamén para vos, Ana e Miguel, estas excursións de fin de semana que vos marcades son impresionantes. Supoño que a experiencia foi proveitosa e que o pasáchedes ben, a verdade e que da envexa ver como teñen as embarcacións expostas.
    Do que comenta Xocas xa teño lido unha reportaxe sobre eses nómadas, aqui vos deixo o enlace da revista http://www.nationalgeographic.com.es/2005/04/01/nomadas_del_mar.html
    e un par de fotos que lle saquei. Curioso é que a vela é similar á da dorna!
    https://picasaweb.google.com/lajareu/NomadasDoMar?authuser=0&feat=directlink
    Unha aperta, espero poder achegarme este verán a algunha das vosas regatas.
    Marcos

    ResponderEliminar

Fainos teu comentario aquí ou envíanos un correo a patexeiros@hotmail.com

A miña foto
Asociacion cultural en defensa da conservación do patrimonio marítimo, o litoral e a cultura mariñeira. Contacta con nós no CORREO: patexeiros@hotmail.com ou ben no noso FORO: http://patexeiros.foroactivo.com