Xente que o presenciou asegura que en un visto e non visto foise ó fondo.
Polos restos que están a flote e os que chegaron á praia do Orzán podemos ver que se trataba dun veleiro de madeira.
Según os medios de comunicación, o barco non tiña identificación e non contaba con radio.
Onte foi rescatado un corpo do mar, e hoxe continuaban as tarefas de búsqueda, xa que se cree que iban dous tripulantes máis abordo, ainda que non o saben con certeza.
Esta mañán estaban rastrexando a zona un remolcador de Salvamento Marítimo, unha lancha Salvamar, unha lancha da Garda Civil e varias zodiacs de Protección Civil e Garda Civil. Por terra estaba Protección Civil, Bombeiros, Policía Local e Nacional. E tamén se contaba con un helicóptero que estivo peinando dende a Casa dos Peixes ata a praia do Orzán.
O corpo recuperado pertencía a un cidadán británico de orixe polaco.
Según din os medios, parteu onte do porto de Cedeira.
Están investigando un video de un afeccionado para intentar saber con seguridade cantas persoas iban a bordo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Fainos teu comentario aquí ou envíanos un correo a patexeiros@hotmail.com