mércores, 3 de outubro de 2012

Resumo da última proba da Copa Balbina

O pasado sábado tivo lugar no sitio de costume, frente á praia de Sada, a última proba puntuable para a Copa Balbina, que como saberedes é unha Copa na que se puntúa, ademáis de por posicións, tamén á regularidade e asistencia a outras concentracións do Arco Ártabro.

Para esta última proba xuntámonos só catro barcos. O Alivanta de Ares, o Fesa de Perbes, e os nosos A Desexada e a dorna Boaventura.

A Desexada aparellámola de última hora, pois tivéramos que repararlle o mastro, que tronzara nunha saída anterior debido ó gran peso que lle supoñían os zunchos da unión co masteleiro,  e estábamos acabando de aparellala xusto cando xa se achegaban os participantes.

Sopraba un forte vento xa na rampa, pero cando saímos do abrigo do muelle do náutico aquilo complicábase máis.

Pepe e máis eu na dorna decidimos non sair pois non tiñamos moita confianza e non se daba suxetado a escota na man coa forza do vento. Intentando voltar a remos á rampa, tronzóunos un remo. Tivo que vir a rescatarnos a zodiac.

Tomaron a saída os outros tres barcos.

Pero non acabaron ahí os problemas.

A Desexada rompeu a caña e tiveron que facer un apaño amarrándolle un cabo ó redor. 

O Fesa nunha trasluchada volcou e quedou entre augas, co que xa non pudo acabar e tivo que ser remolcado pola zodiac ata a rampa ónde o achicamos. Perdeu o temón que se foi polo mar abaixo. Miguel fastidiou o teléfono, e tanto él como o seu proel, Jose, acabaron cunha boa molladura.













Ademáis tiveron que desmontar e limpar o motor que foi ó fondo co barco.

Así que o Alivanta patroneado por Juanjo  foi o único que non sufreu ningún problema e quedou de primeiro, seguido da Desexada patroneada polo noso Jaime.

Nada máis acabar a proba, Eolo decidiu coller a tarde libre e calmou case por completo.


Nesta proba botamos de menos ó bicampeón Pepe do Osorio e a José Antonio o do Arxil, que se prometía xusto aspirante ó título.

En canto teñamos feita a clasificación xeral a publicaremos e daremos a coñecer ó vencedor desta IV edición da Copa Balbina.

Estade atentos á nosa páxina.

Palmeirán

2 comentarios:

  1. En primer lugar, queria dar las gracias a todos Os Patexeiros. Sin lugar a dudas nos sentimos como en casa!Muchas gracias por ayudarnos a achicar la fesa, a prestarnos vuestras herramientas y darnos ropa seca. Estaremos siempre agradecidos y en deuda con vosotros. Tambien queremos agradecer al Club N. Recreativo de Sada, por remolcarnos hasta la rampla.No me quiero olvidar del velero que nos acompaño y recogio la vela. Gracias a todos!!
    Y perdonar por no ir tomar los pinchos, pero es que se nos acumulo el chollo.
    Y bueno la regata fue muy bien hasta que nos fuimos al fondo,quisimos hacer una maniobra experimental que vimos en la pelicula piratas del caribe, pero algo debio de salir mal!! En la peli parece mas facil, la perla negra sale del fondo sin problemas.... tendremos que volver a verla para ver que nos falto por hacer.;)
    El proximo año seguro que nos va a ir mejor. Porque peor... je, je. Bueno no voy a decir nada, non vaia a ser!!
    Lo que si tenemos claro que vamos a participar siempre que podamos en las proximas ediciones, da gusto encontrar a gente asi.
    Un saludo. Y gracias por la camiseta, la luciré con mucho cariño.

    ResponderEliminar
  2. Grazas, José María, polo teu comentario. De verdade que da gusto organizar eventos con participantes coma vós. Esperamos contar con vós en todas as futuras edicións da Copa e noutras cousas que xa temos en mente. Sentimos moito a perda dese temón.

    Por certo, hai que mellorar a flotabilidade do Fesa para que esté á altura da Perla Negra.

    Saúde.

    ResponderEliminar

Fainos teu comentario aquí ou envíanos un correo a patexeiros@hotmail.com

A miña foto
Asociacion cultural en defensa da conservación do patrimonio marítimo, o litoral e a cultura mariñeira. Contacta con nós no CORREO: patexeiros@hotmail.com ou ben no noso FORO: http://patexeiros.foroactivo.com