Recordaredes que fai un par de meses vos dábamos conta nesta páxina da operación de rescate dun vello motor Larrán varado nunha praia.
Como vos comentábamos daquela, fixéramos o rescate por motivos sentimentais ó tratarse dun motor da marca Larrán, e por motivos ecolóxicos para manter limpa a praia.
Fai uns días falando cuns mariñeiros no porto de Lorbé levámonos ademáis unha grata sorpresa ó intentar averiguar de qué barco procedía aquél motor.
Pois non volo ides a crer, pero ese motor pertencía ó NELOS, o barco xemelgo da nosa BALBINA, que se fora contra as pedras hai xa varios anos a causa dun forte temporal.
O Nelos pertencía ó mesmo armador que a Balbina e tamén se adicaba á captura do patexo.
Podédelos ver xuntos nesta foto dos anos 50 na praia de Sada.
O que é a vida, rescatámolo sen saber que era da familia. Agora xa forma parte do Museo Patexeiro.
Palmeirán
ANÚNCIO DE REGATA DE DORNAS - PRIMAVERA 2023 LAJAREU
-
Este *sábado 25* de março, às *16:30*, disputa-se a primeira prova da
regata de primavera de dornas a vela do Lajareu. Vai de seguido o anúncio
oficial d...
Hai 9 horas
Xenial! Que rescatárades o motor do voso barco irnán e que hai xente como vos.
ResponderEliminarUnha aperta
Suso