Motor Ayon de 1 cilindro fabricado en 1926
Xa sabíamos que tiña unha colección de móviles de vento feitos con aperos de labranza, arados, etc..., pero algún patexeiro sabía ademáis que garda un pequeno tesouro. Unha pequena colección de motores marinos.
Motor Ayon de 3 cilindros
O máis maravilloso é que falamos co propietario e nos dixo que os motores están en perfecto estado e os encende de vez en cando. Tamén nos comentou que ainda ten algún máis almacenado, e incluso nos dou algúns trucos para aplicarlle ó motor Larrán da nosa Balbina.
Así que un día a plena luz pasaremos a facerlle outra visita e vos faremos un mellor artigo sobre este pequeno museo que paga a pena velo.
Un forte e merecido aplauso para este home que ademáis de preservar o patrimonio marítimo, o mantén en perfecto estado de uso.
Se podedes, achegádevos polo Bar Venezuela en Sigrás.
Palmeirán.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Fainos teu comentario aquí ou envíanos un correo a patexeiros@hotmail.com