Pepe o carpinteiro de Lorbé e Os Patexeiros na TVG




Este pasado domingo día 9 tivemos unha pequena aparición no programa Vivir Aquí adicado ós oficios de sempre, da TVG. Nico Campos entrevistou a Pepe o carpinteiro de Lorbé e logo a nós a carón da Balbina e tamén no noso local de Lorbé.


Xa o podedes ver na TV á Carta da TVG neste enlace. VIVIR AQUÍ - OS OFICIOS DE SEMPRE

O reportaxe sobre o carpinteiro de ribeira aparece a partires do minuto 31 pero recomendámosvos ver todo o programa, porque precísamente está adicado a estes oficios "patrimoniais" que xa están en vías de desaparición.

Palmeirán

Comentarios

  1. Tremendos Patexeiros!!
    Unha aperta Palemeirán. Qué ben falas e qué ben das en cámara. Case tanto como a buceta.
    Parabéns

    ResponderEliminar
  2. Grazas Suso, estou esperando a ver se agora me dan un programa diario en horario de prime time, algo así como Buenafuente.

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Fainos teu comentario aquí ou envíanos un correo a patexeiros@hotmail.com

Publicacións populares deste blog