martes, 30 de xullo de 2013

Os Patexeiros en Redes

Duas embarcacións dos Patexeiros saían na mañán do sábado de Sada para asistir á Regata de embarcacións tradicionais Porto de Redes.




A dorna Boaventura tripulada por Pepe e Jaime, e A Desexada tripulada por Miguel Marta, Dolores, e uns amigos do CNRS.

Chegaron a Redes para comer, pero desgraciadamente o vento foi en aumento e a Organización tivo que suspender a regata. A dorna Boaventura xa non saeu e a Desexada saeu pero enseguida tivo que voltar.

O que non se perderon foron os callos e o falar cos amigos.


Sempre vale a pena ir a Redes.


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Fainos teu comentario aquí ou envíanos un correo a patexeiros@hotmail.com

A miña foto
Asociacion cultural en defensa da conservación do patrimonio marítimo, o litoral e a cultura mariñeira. Contacta con nós no CORREO: patexeiros@hotmail.com ou ben no noso FORO: http://patexeiros.foroactivo.com