sábado, 5 de outubro de 2013

Invernada dos barcos

Onte venres quitamos do mar A Desexada para que faga a súa invernada en terra.

Pola mañán desarbolámola e deixámola fondeada ó lado da rampa, e pola tarde, coa marea chea fomos ata ela nunha das zodiacs do CNRS e cargámola no novo remolque.

En poucos días, en canto teñamos listo o soporte de varada, procederemos a levala para Lorbé para empezar xa os traballos de cara á nova tempada.


Tamén trasladamos a dorna Boaventura dende o seu fondeo de verán e a levamos á sua plaza de amarre no pantalán.

Agora toca ir planificando os traballos para este inverno.

Palmeirán

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Fainos teu comentario aquí ou envíanos un correo a patexeiros@hotmail.com

A miña foto
Asociacion cultural en defensa da conservación do patrimonio marítimo, o litoral e a cultura mariñeira. Contacta con nós no CORREO: patexeiros@hotmail.com ou ben no noso FORO: http://patexeiros.foroactivo.com