luns, 2 de xuño de 2014

Empeza a restauración de Betty

Tras estar casi catro anos olvidado, un día por outro, e eu sempre traballando nos demáis barcos, por fin me decidín a baixar o Betty para Lorbé, para que polo menos me meta algo de presión, ó velo alí cando vou polo local, e o vaia arranxando.

O Betty, un bote das Rías Altas, é o segundo barco máis grande da flota Patexeira, con 6,40 metros de eslora.


Este sábado alá nos fomos uns cantos Patexeiros a cargalo no remolque e levalo ata o noso local de Lorbé.


Como vedes nas fotos, entra xustiño, pero grazas á cuna na que o puxemos é moi fácil de mover para poder pasar polos costados, e así poderemos ir traballando.


Xa empecei a arranchar o mastro e a clarexar un pouco os traballos a facer.


Haberá que ir  compaxinando o traballo coa navegación, que o verán é para iso, navegar e navegar.

Iremos informando dos avances.

Palmeirán.


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Fainos teu comentario aquí ou envíanos un correo a patexeiros@hotmail.com

A miña foto
Asociacion cultural en defensa da conservación do patrimonio marítimo, o litoral e a cultura mariñeira. Contacta con nós no CORREO: ospatexeiros@gmail.com ou infórmate na nosa web: www.patexeiros.org