Clasificación da Copa Balbina

O pasado sábado día 28 de xuño, desputóuse en augas de Sada a primeira proba da Copa Balbina 2014, que xa vai pola súa VI Edición.


Quedóuse unha boa tarde para regatear, bastante soleada e con un vento constante.

A esta primeira cita acudiron 6 embarcacións: Os incombustibles Arxil e  O Sorio, dende Ares, a Teresa, tamén de Ares, Albatros dende Perbes, e A Desexada e Boaventura dos Patexeiros.


Tal e como prometéramos no regulamento, fixéronse dúas mangas.

 A Boaventura, con Jaime á caña fíxose coas dúas mangas, seguida nas dúas ocasións pola dorna Albatros de Perbes, que según parece, tras a reparación que "sufreu" este inverno, ven con gañas de facerse coa Copa Balbina deste ano.



A Teresa e A Desexada fóronse turnando ca terceira e a cuarta praza, e o mesmo fixeron Arxil e Osorio coa quinta e sexta.

A xente xa tiña ganas de ver esas velas tan bonitas navegando no mar de Sada. Esperemos que para a seguinte proba se xunten máis barcos para facela ainda máis competitiva.

Rematada a proba, como sempre, tomáronse unhas cervexiñas, que deso nunca falta na casa dos Patexeiros.

 

Ésta é a puntuación desta primeira proba:


Proba 28 XUÑO
BARCO 1ª MANGA 2ª MANGA
A DESEXADA 4 3
ALBATROS 5 5
ARXIL 2 1
BOAVENTURA 6 6
O SORIO 1 2
TERESA 3 4

A clasificación xeral queda da seguinte maneira:

BARCO PUNTOS
BOAVENTURA 12
ALBATROS 10
A DESEXADA 7
TERESA 7
ARXIL 3
O SORIO 3

Liderando a Copa Balbina vai a Boaventura, seguida por pouco da dorna Albatros e  con A Desexada e Teresa empatadas a puntos na terceira posición e Arxil e O Sorio compartindo a cuarta praza.

Grazas a todos por asistir e compartir con nós esa tarde. Esperamos vervos na Xuntanza Patexeira do día 19 deste mes, onde vos levaredes os 2 puntillos por asistencia.

Recordarvos que tedes todas as fotos desta primeira proba no noso facebook

Palmeirán


Comentarios

Publicacións populares deste blog