Terceira proba da Copa Balbina de embarcacións tradicionais a vela (sábado 30 AGO)


O último sábado de agosto tivo lugar, en augas de Sada, a Terceira proba da Copa Balbina de embarcacións tradicionais a vela.


Nesta ocasión foi a proba que contou con menor presencia de barcos. So catro embarcacións se achegaron ó campo de regatas nunha fermosa tarde de navegación.


As primeiras en chegar foron as locais A Desexada e A Feituca. Nesta ocasión a Boaventura non pudo sair por atoparse un dos patróns traballando e o outro en Portugal.

Logo chegarían a Albatros e Osorio tripulado por Pepe, navegando de novo en solitario, e aparellando nesta ocasión a vela ó tercio de cor laranxa.


Notarán os seguidores desta páxina que a buceta Osorio muta contínuamente de aparello según considere o seu patrón. Desta vez non lle dou moi bo resultado este aparello.

Marcóuse o campo con dúas boias. Unha situada na punta da praia de Gandarío e a outra á altura da bocana do Porto de Sada.


Mar de fondo que facía embarcar auga contínuamente nos barcos e un vento bastante bo do Nordés que rolaba de vez en cando.

Nas dúas mangas disputadas esta tarde acadóuse o mesmo resultado.

O primeiro posto foi para a dorna Albatros, de Perbes, que hoxe viña con máis trapo ca nunca, lucindo foque e trinqueta. 


En segunda praza A Desexada, que hoxe levaba dous tripulantes invitados, os amigos Mar e José Pardo, famoso fotógrafo e autor do libro Embarcacións Tradicionais - Galicia pasado e presente, que se ainda non o tedes, recomendamosvolo, non pode faltar na vosa colección.



O terceiro posto foi para A Feituca con Pablo e Moncho (Chimpo).



 E a cuarta e moi meritosa praza para a buceta Osorio, que,  tripulada so por Pepe,  tivo que loitar con rachas de vento de ata 18 nós, e como dí él.."xa non está para eses trotes". 


Ó remate da primeira manga, A Feituca volveu a ter problemas co temón que se engachou supoñemos co cabo da boia, perdeu a guía, e volvemos a ver a Pablo outra vez buceando para colocalo. E van...... 

Que visio tés, criatura!!!!!!


 













A clasificación empézase a apretar. 

Vémonos o seguinte sábado recuperando a 2ª regata que aprazáramos en xullo por coincidir ca concentración de Redes.




Moitísimas grazas á tripulación da Albatros e a Pepe do Osorio por non faltar nunca ós eventos de vela tradicional que se organizan por estes mares. 

Grazas tamén a Javier e a Martiño por aguantar as tres horas fondeados, facendo de xuices e aguantando os salseiros.



Palmeirán

Comentarios