martes, 10 de febreiro de 2015

5ª Edición do Curso de carpintaría de ribeira. ÚLTIMAS PRAZAS!!!!


E un ano máis, e xa que non parades de pedírnolo, volvemos a convocar outra edición, e xa van 5, dos xa famosos Cursos de carpintaría de ribeira e mantemento de embarcacións tradicionais.

Este ano non contamos con ningún tipo de axuda, polo que tivemos que reducir un pouquiño as horas e seguimos axustando moito a aportación, para que nos cubra casi o custo total do curso. Esperamos con ísto seguír facéndovolo interesante.

INFORMACIÓN BÁSICA DO CURSO

  • O cupo, estará limitado a 15 asistentes.  Non se levará adiante se non hai un mínimo de 12 alumnos.
    - As inscricións serán por rigurosa orde de chegada ó noso correo patexeiros@hotmail.com 
    - Os cursos serán impartidos por carpinteiros de ribeira profesionais.
    - Haberá unha pequena parte teórica e moita, pero moita práctica.
    - Como obxectivo deste curso, e debido á pouca duración do mesmo, nesta edición daránse uns conceptos básicos de cómo se empeza a construcción dunha embarcación tradicional, e se quitará unha caderna sobre o taboeiro, pero sobre todo, o curso centrarase en cómo afrontar reparacións básicas que un usuario se pode atopar no seu barco, como sustitucións de banzos, cadernas, barraganetes, remadoiras, trancanís, etc... Tamén veremos nocións de calafateado tradicional e moitas cousas máis.
    - Facilitarase material de seguridade ós asistentes: gafas protectoras, guantes e batas, que serán de USO OBRIGADO durante o curso
     - Entregarase a cada asistente material teórico en soporte dixital.
    - As xornadas do curso desenrolaranse os sábados dende as 16:00 horas. Prégase puntualidade.
    - Cada xornada constará de 4 horas de formación e haberá un descanso duns 15 - 20 minutos, no que como acostumamos, vos serviremos un refrixerio. (Non esperedes máis ca o que vos ofrecen nalgunhas liñas aéreas, eh!!!)

    • As datas previstas serían: 21 e 28 de febreiro, 7,14,21 e 28 de marzo, e o 4 e 11 de abril. Como todos os anos, se algún día coincidira con algunha data especial ou festivo (Semán Santa, etc...) consultado entre os alumnos poderíase aprazar ó seguinte sábado operativo.
      - Ó finalizar o curso daranse uns diplomas acreditativos ós asistentes.
      - O inicio do curso está previsto para o vindeiro sábado 21 de febreiro. No caso de que faltasen poucos alumnos para cubrir o cupo poderíamos aprazalo un sábado máis.
APORTACIÓNS PARA SUFRAGAR O CURSO
SOCIOS DA A.C.M. OS PATEXEIROS...................................... 95 €
SOCIOS DO C.N.RECREATIVO DE SADA....(*1)...................  110 €
DESEMPREGADOS.........(*2)...................................................... 110 €
        RESTO DE ALUMNOS................................................................ 120 €         

(*1) Os socios do C.N.R.S deberán acreditar a súa condición de socios.
(*2) Os desempregados deberán acreditar a súa condición mediante a presentación da tarxeta de demandante.

PREINSCRICIÓNS E INFORMACIÓN ADICIONAL A TRAVESO DO NOSO CORREO : patexeiros@hotmail.com 
                 ¡¡¡ÚLTIMAS PRAZAS !!! 

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Fainos teu comentario aquí ou envíanos un correo a patexeiros@hotmail.com

A miña foto
Asociacion cultural en defensa da conservación do patrimonio marítimo, o litoral e a cultura mariñeira. Contacta con nós no CORREO: patexeiros@hotmail.com ou ben no noso FORO: http://patexeiros.foroactivo.com