Cuarta xornada do curso.

Cun pouquiño de retraso vos poñemos hoxe o resumo da cuarta xornada do Curso de carpintaría, que tivo lugar o pasado sábado 14.

Na primeira parte da xornada, estiveron rematando de botar as táboas que quedaron pendentes da semán anterior.

Volveron a practicar o frasquiado.


E tamén o cravado, que a algúns resísteselle.


Despois da pausa, aplicáronlle Xylamon fondo ás táboas novas, para protexer a madeira contra os fungos do podrén.

Logo frasquiaron e colocaron unha peza no costado.


Fixéronlle unha nova chumaceira, que a que tiña estaba partida.

Aquí vemos como meteron un novo tallaaugas no raio de xúpiter do codaste ca quilla.


Finalmente lixaron as táboas novas.


Unha vez rematado o forro do barco, o mestre Pepe decideu ensinarlles a facer unha caderna completa, que ata o de agora só viran sobre o taboleiro. Fíxose de piñeiro, en vez de carballo, por tema de custes, e ademáis só era para mostra.


Ensinóulles como se collían os cartamóns usando a mesa móbil e a plomada, e sacaron os genoles e varengas para montar a caderna.


Este sábado, máis.

Comentarios

Publicacións populares deste blog