Terceira xornada do Curso de carpintaría: frasquiando.

Xa imos pola terceira xornada do curso. 
Esta semán incorporáronse tres alumnos novos que por diversos motivos non poideron chegar ás dúas primeiras.
   
O mestre David prosigueu cunha explicacion sobre a pizarra do qué son os cartabóns , por se a algún alumno non lle quedara claro da pasada semán, indicándoo despois na Punta Fiateira.



















Unha vez rematada a explicación, David déulles unhas  leccións de afiado e demáis explicacións teóricas ós novos alumnos que se incorporaban hoxe.

 
  
Mentras, sobre o taboleiro,  Pepe ensinaba como coller os cartabóns. 

E tamén empezaron a ver cómo se facía unha plantilla para sacar unha caderna.


Mais tarde pasaron as plantillas  a un tablón e quedaron listas as pezas para cortar e montar na seguinte xornada.

Despóis do descanso habitual, e xa na segunda parte da xornada, empezaron cos traballos na Punta Fiateira, unha canoa muradana.  Primeiro, Pepe indicóulles cómo podían ver  as partes que había que reparar.
E de seguido os alumnos puxéronse mans á obra, arrincando as táboas que estaban danadas.




Unha vez feito o desguace, o mestre Pepe explicóulles cómo frasquiar unha taboa e alí se puxeron á allada.

Unha vez frasquiada, pasaron as medidas a un tablón para cortar o bance.

Entre varios, foron cepillando a táboa para axeitarse ás medidas que tomaran.


Xa entrada a tardiña empezaron a asentar e cravar o novo bance.


E aquí, o mestre, explicándolles cómo tiñan que rematar a táboa.


Para o vindeiro sábado, seguiremos traballando na Punta Fiateira.

Comentarios

Publicacións populares deste blog