luns, 11 de xaneiro de 2016

Adquisición de motores foraborda para as embarcacións.

O pasado mes de decembro recibimos os dous motores foraborda que mercamos para equipar as embarcacións da Asociación.


Ata o de agora, cando tíñamos que asistir a concentracións de embarcacións tradicionais na outra banda da Ría, en Ares, Perbes e Redes tíñamos que contar sempre con condicións de mar e vento favorables porque sempre íbamos a vela, e temos pasado apuros e incluso nalgunha ocasión tivemos que dar volta debido á ausencia de vento ou a non poder chegar polo forte vento en contra.

Asimesmo, cando tíñamos que ir á Parrocheira en Ferrol, víamonos na obriga de liar a algún amigo que tivera motor para que nos remolcara os barcos e poder entrar entre castelos pola boca da Ría de Ferrol.



Grazas á axuda dunha subvención da Deputación da Coruña poidemos equiparnos con dous motores Suzuki de 6 CV para poder levalos nos barcos que vaian ás distintas concentracións da Ría e tamén cando vaiamos a outras rías.


Tamén nos será útil cando saiamos a navegar e teñamos que meter algún barco no pantalán, que como sabedes, agora nin podemos entrar a remos nin a vela.


Continuamos mellorando a mobilidade e a seguridade da nosa flota.

Os motores foron mercados nun concesionario de Sada, seguindo a nosa política de deixar os cartos nas empresas da zona.

Motores adquiridos grazas á subvención da Deputación da Coruña.


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Fainos teu comentario aquí ou envíanos un correo a patexeiros@hotmail.com

A miña foto
Asociacion cultural en defensa da conservación do patrimonio marítimo, o litoral e a cultura mariñeira. Contacta con nós no CORREO: patexeiros@hotmail.com ou ben no noso FORO: http://patexeiros.foroactivo.com