Fin de ano nas Antípodas



Como xa ven sendo habitual, os amigos do CNRS (Escola de vela de Sada), saíron un ano máis o día de fin de ano pola mañán a celebrar navegando o comenzo do novo ano nas Antípodas.



Como tamén vai sendo xa habitual, varios Patexeiros,  se acoplaron á expedición xa que tiñan mono de navegar.

Imos a perdoalos por navegar ese día en barcos de plástico, xa que os nosos, os auténticos, están todos invernados, porque como sabedes, non temos onde deixalos no inverno.


Como se vé nas fotos, o cava non faltou, e supoñemos que tamén tomarían as uvas.

O que tampouco faltou foi o xa tradicional baño de Jaime, o Picapeixe, que pouco lle importa que a temperatura da auga esté a 15 ou a 12 graos.


De qué terá feita a pel este home????

Para o ano, máis. Feliz ano!!!!

Comentarios