domingo, 25 de decembro de 2016

Prolongación extra no curso. Serán viciosos !!!!!

A pesares de que se ampliara unha semán máis o curso de carpintaría, os viciosos dos alumnos, conseguiron liar ó mestre para que lles dera media mañanciña máis de clase para poder rematar varios detalles no bote das Rías Altas no que estiveron traballando.



Ben vos decimos que a carpintaría de ribeira engancha, e vaia se engancha, máis cá droga.


E mentras algúns xa estábamos nas nosas casas, cas nosas familias, preparando a cea de Noiteboa, os viciosos alumnos alí estiveron co seu mestre facendo remadoiras e outras pezas e botando algunha peciña na cuberta.

Non teñen remedio!!!!!!


Iso, si, ainda que tiveran pinchada a semán anterior, volveron a repetir, serán lambóns !!!!


Agora este fermoso bote espera que un dos nosos socios o apadriñe e remate o traballo.


A ver se o podemos levar ó XIII Encontro, en Combarro !!!!




Ningún comentario:

Publicar un comentario

Fainos teu comentario aquí ou envíanos un correo a patexeiros@hotmail.com

A miña foto
Asociacion cultural en defensa da conservación do patrimonio marítimo, o litoral e a cultura mariñeira. Contacta con nós no CORREO: ospatexeiros@gmail.com ou infórmate na nosa web: www.patexeiros.org