martes, 27 de xuño de 2017

1ª Regata da Copa Balbina 2017

O sábado 24 de xullo, xusto despóis dunha noite longa de San Xoán, tivo lugar, coma sempre, nas augas de Sada, a primeira regata da IX Edición da Copa Balbina de Embarcacións Tradicionais a vela.


Un total de 8 barcos se xuntaron a iso das cinco da tarde para dar a saída.



Na primeira manga, a Leliadoura chegou tarde por ter que achicar o barco e ó chegar ó campo de regatas non sabían como era o percorrido, co que o implacable xuiz Jaime marcóunos cun DNS.


O Abur de Paco mantívose intratable, seguido do Canouro de Pepe e a Boaventura, patroneada nesta ocasión polo presi  Lucas.


Cuarta foi a Rabuda, de Ramón, que fixo moi bo papel, vista a calidade dos contrincantes.


Quinta chegou A Feituca de Pablo, co seu semper fidelis proel Pepelu.


Sexto o Arredemo tripulado por Javi Aguado, Hugo e o novo socio Pablo Astray que foi probar as sensacións da Copa Balbina.


A Desexada patroneada nesta ocasión por Ángel Guisano e con Naveira de proel, marcóuse un DNF ó non pasar pola boia de chegada.


Na segunda manga as cinco primeiras posicións mantivéronse igual que na primeira manga.


O sexto posto foi nesta manga para A Desexada.


Sétima foi a Leliadoura con José Manuel e Dolores.

E na oitava posición quedou o Arredemo, un barco que sempre empeza mal na Copa pero logo vai remontando.
 

A clasificación xeral despóis desta primeira proba queda como sigue:

CLASIFICACIÓN XERAL
BARCO PUNTOS TRAS DESCARTES
ABUR 21
CANOURO 19
BOAVENTURA 17
RABUDA 15
A FEITUCA 13
ARREDEMO 9
A DESEXADA 8
LELIADOURA 7




 Un estupendo día de regatas na bahía de Sada, cunha participación de barcos máis que aceptable para tratarse da primeira regata da tempada.


Botóuse de menos á dorna Albatros, xa que algúns dos tripulantes atopábanse facendo unha singladura ata Leixoes nunha goleta.


Tamén faltou Jose Corbalán que tivo un problema co Arxil vindo para a regata e volcou. Afortunadamente só foi un susto.


Os Torrente, neto e avó tampouco acudiron nesta ocasión á regata, pero teñen moito que decir na Copa, sobre todo Brais co seu "Capricho".

Agora a preparar os barcos para Combarro.

o Palmeirán

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Fainos teu comentario aquí ou envíanos un correo a patexeiros@hotmail.com

A miña foto
Asociacion cultural en defensa da conservación do patrimonio marítimo, o litoral e a cultura mariñeira. Contacta con nós no CORREO: patexeiros@hotmail.com ou ben no noso FORO: http://patexeiros.foroactivo.com