Halina a Meracha

Sofía Casanova, unha periodista e escritora coruñesa, foi unha das grandes intelectuales da España de principios do século XX. Incluso foi nomeada para o premio Nobel de Literatura.



Esta gran muller veraneaba habitualmente en Mera (Oleiros), e alí tivo unha filla á que lle chamou Halina, á que apodaba familiarmente como "a Meracha".


O noso compañeiro patexeiro Francisco Javier Aguado Álvarez de Sotomayor, descendente de grandes navegantes, e gran enamorado de Mera, ese "paraíso para vivir", como él o chama, quixo honrar a memoria de Sofía Casanova e que mellor maneira que chamarlle á dorna que está restaurando "Halina a meracha".


Entre él, o seu fillo e o tamén patexeiro Hugo, estiveron traballando estes últimos meses en poñer a punto a "meracha", como xa a coñecemos familiarmente.


Finalmente xa está lista, e co seu folio pintadiño por unha artistaza como vedes neste pequeno vídeo.


Estes días irá ó mar para estar lista para a IX Edición da Copa Balbina de embarcacións tradicionais a vela que empezará este sábado día 24, despóis da resaca do San Xoan.



Sorte nesta Edición á tripulación e parabéns á artistaza que pintou o folio.

(Palmeirán)

Comentarios

Publicacións populares deste blog