Publicacións

BO NADAL

Imaxe
Dende a A.C.M. Os Patexeiros desexámosvos que pasedes un Bo Nadal e unha boa despedida e entrada de ano.  Que no 2013 os ventos nos sexan, a todos, favorables.

PECHANDO O ANO

Imaxe
Pois alí estivemos o pasado sábado. O Salón de Plenos do Concello de Sada rexistrou unha boa entrada. Ainda así botamos en falta a moita xente que tiña pensado vir, a outra que xa nos dixo que non podían por outros compromisos, e a outros dos que non soubemos nada deles. Tocóume a facer a presentación, máis non son home de falar en público, cousa á que me vou afacendo pouco a pouco vistas as veces que me toca levar adiante esta tarefa. Empezamos facendo unha pequena presentación da nosa Asociación, porque ainda que a meirande parte dos asistentes ben nos coñecían, tamén  había algunhas persoas que pouco oíran falar dos Patexeiros. Seguindo a ésta, pasamos a proxectar un pequeno resumo das actividades que levamos adiante neste ano 2012 que está a piques de rematar. Un ano que non foi o máis prolífico en actividades para os Patexeiros dende o seu nacemento, por mor de adicar moito do noso tempo ás reparacións nos barcos, máis ainda así organizamos eventos e asistimos a ...

CLASIFICACIÓN FINAL COPA BALBINA E ENTREGA DE PREMIOS

Imaxe
Por fín, despóis de varias reunións do Comité de Regatas da Copa Balbina e atendendo a varias reclamacións feitas por distintos participantes, rectificóuse a puntuación nunha das regatas da Copa. O problema foi que se tiña puntuado as dúas mangas como se foran dúas regatas distintas, cando se tiña que facer a media das dúas mangas. Unha vez chegado a consenso dentro do Comité publícase definitívamente a Clasificación Xeral desta 4ª Edición da Copa Balbina de Embarcacións Tradicionais, así como as puntuacións de cada regata e das concentracións puntuables de regularidade (que levan 3 puntos por asistencia a cada unha delas). Este ano o resultado foi moi pero que moi axustado. Se tivo a Copa nas máns José Antonio o do Arxil, a non asistencia a dúas probas fixo que a Copa pasara a máns de Jaime, que obtivo finalmente 27 puntos, seguido por medio punto de Juanjo do Alivanta con 26,5 puntos, e de terceiro rematou José Antonio do Arxil con 26. O gañador de dúas edicións da Copa Balbi...

GALA DE PECHE DE TEMPADA DOS PATEXEIROS

Imaxe
 Este vindeiro sábado día 15, a partires das 17:30 horas, olvidade todo o que tiñades pensado facer e vide a Sada porque terá lugar a Gala de Peche de Tempada da Asociación Cultural Mariñeira Os Patexeiros no Salón de Plenos do Concello de Sada, sito no antiguo edificio da Comandancia de Marina de Sada, . O menú, como estamos en tempo de crisis será o seguinte: Entremeses: - Empezaremos cunha pequena presentación da nosa Asociación, quenes somos, etc... - Logo faremos un breve resumo das actividades e eventos que levamos a cabo neste 2012. 1ºs pratos: - Proxección de imaxes correspondentes á 3ª Edición do Curso de Carpintaría de ribeira 2011-2012 - Entrega de diplomas ós alumnos do Curso. - Proxección de imaxes da Copa Balbina 2012. - Entrega da Copa Balbina ó gañador e premios ó 2º e 3º clasificado. 2ºs pratos (e non menos importantes ca os primeiros): - Charla a cargo da Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial - Pequena presentación do XI Encontro ...

Pepe o carpinteiro de Lorbé e Os Patexeiros na TVG

Imaxe
Este pasado domingo día 9 tivemos unha pequena aparición no programa Vivir Aquí adicado ós oficios de sempre, da TVG. Nico Campos entrevistou a Pepe o carpinteiro de Lorbé e logo a nós a carón da Balbina e tamén no noso local de Lorbé. Xa o podedes ver na TV á Carta da TVG neste enlace. VIVIR AQUÍ - OS OFICIOS DE SEMPRE O reportaxe sobre o carpinteiro de ribeira aparece a partires do minuto 31 pero recomendámosvos ver todo o programa, porque precísamente está adicado a estes oficios "patrimoniais" que xa están en vías de desaparición. Palmeirán

Coincidencias da vida

Imaxe
Recordaredes que fai un par de meses vos dábamos conta nesta páxina da operación de rescate dun vello motor Larrán varado nunha praia. Como vos comentábamos daquela, fixéramos o rescate por motivos sentimentais ó tratarse dun motor da marca Larrán, e por motivos ecolóxicos para manter limpa a praia. Fai uns días falando cuns mariñeiros no porto de Lorbé levámonos ademáis unha grata sorpresa ó intentar averiguar de qué barco procedía aquél motor. Pois non volo ides a crer, pero ese motor pertencía ó NELOS, o barco xemelgo da nosa BALBINA, que se fora contra as pedras hai xa varios anos a causa dun forte temporal. O Nelos pertencía ó mesmo armador que a Balbina e tamén se adicaba á captura do patexo. Podédelos ver xuntos nesta foto dos anos 50 na praia de Sada. O que é a vida, rescatámolo sen saber que era da familia. Agora xa forma parte do Museo Patexeiro. Palmeirán

O Freixo-Outes acollerá o XI Encontro de Embarcacións Tradicionais

Imaxe
  Foto da páxina do Concello de Outes Así se acordou por unanimidade na Asamblea da FGCMF celebrada este sábado en Castrelo-Cambados. A candidatura foi presentada pola Asociación Terra de Outes, que contará coa implicación das Asociacións da Federación, Mar de Muros, Canle de Lira, A Ostreira de Abelleira, Mar de Noia e Joaquín Vieta, para poder levar a cabo este proxecto. Asimesmo tamén contan coa colaboración do Concello de Outes, as Cofradias de Pescadores, e varias asociacións veciñais que se comprometen a prestar axuda e voluntariado para poder levar adiante o XI Encontro. Dende a A.C.M. Os Patexeiros desexámoslle moita sorte coa organización deste gran evento, e pola nosa parte, empezaremos dende xa a preparar os barcos para poñer proa ó Freixo alá por xullo de 2013. As datas fixas ainda non están confirmadas.