Superamos as 20.000 visitas

Pois si, compañeiros, esta web dos Patexeiros superou oficialmente esta mesma semán as 20.000 visitas, dende xullo do 2010, que foi cando lle puxemos o contador. Antes diso xa tivo unhas cantas máis, porque según as estadísticas de Blogger, levamos 30.714 visitas, que para ser unha web de algo tan concreto como a nosa afición, pode ser considerado como un gran éxito.


Grazas a todos vós, que nos visitades asíduamente, chegamos a estas cifras. Esperamos ter máis novidades xa dentro de pouco para seguir informándovos sobre as nosas actividades, sobre o mundo das embarcacións tradicionais e sobre todo o que pasa por estes mares.

Agardámosvos sempre en www.patexeiros.org , en balbina.patexeiros.org/ e tamén en www.facebook.com/ospatexeiros.acm . Esperamos seguir contando coa vosa presenza por moitos anos.

Grazas.



Comentarios

Publicar un comentario

Fainos teu comentario aquí ou envíanos un correo a patexeiros@hotmail.com