Grazas a unha subvención concedida pola Deputación da Coruña, este ano pudemos mellorar consideráblemente o transporte por estrada dos barcos da Asociación coa adquisición dun novo remolque de 7,5 metros, que nos permite transportar con seguridade as embarcacións máis grandes da Asociación.
Este novo remolque, xa o estreamos con motivo de levar A Desexada ó XI Encontro de Embarcacións Tradicionais do Freixo.
Tamén coa mesma subvención poidemos mercar dúas novas emisoras VHF para as comunicacións dos barcos da flota. Xa as usamos en Outes, e as levamos ó resto das concentracións ás que asistimos este verán, e foron de moita axuda xa que fixéronse dúas travesías nocturnas, e levar unha emisora a bordo non cabe dúbida que transmite máis seguridade.
Igualmente foron imprescindibles na proba da Copa Balbina deste ano, donde por primeira vez estábamos os barcos comunicados e a maioría dos participantes estaba ó tanto do transcurso da proba.
E tamén poidemos empezar a construir un carro de varada para poder traballar nos barcos en terra e ter preparada a flota para a tempada de navegación.
A inversión foi considerable, e de non contar coa axuda da subvención da Deputación da Coruña sería casi imposible poder levar a cabo estes investimentos.
Unha moi boa nova para a nosa Asociación.
Palmeirán
REGATA DO CARME 2023
-
Co outono a assomar o focinho, presta lembrar o ventinho morno de julho e a
regata do Carme disputada em Ribeira o sábado dia 15.
Obrigados pola foto d...
Hai 2 meses
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Fainos teu comentario aquí ou envíanos un correo a patexeiros@hotmail.com