O dia 13 de Nobembro, ese dia no que se cumpría o xa non sei cal aniversario do temporal que levou o "Prestige", parece que os Deuses, en caso de existir, cebaronse con nós coa sua venganza.
Unha surada das mais fortes que se recordan nas últimas datas (agás a do pasado 23 de Xaneiro), levounos prácticamente todos os barcos.
A única que aguantou un pouco o tipo foi a dorna "Boaventura", e iso porque o cabo do tira-vira se liou non sei como, e aguantouna. O "Arredemo" fixo resucitar ó morto que o tiña preso e foronse os dous por ahí a dar unha voltiña pola ria. Non foron moi lonxe, se entretuveron rascando outra embarcación, e logo, a descansar contra as pedras. Rescatámolo a tempo e terá arranxo, pero estará unha tempada en terra.
O Jaime tamen tivo moi mala sorte. O "Picapeixe" (un Golfiño de fibra de 5 m) deulle a volta, cravou o pau no fango e rachouno. O casco apenas lle pasou nada (menos mal), pero o pau quedou mutilado. Agora ou ben lle falta un metro de pau ou ben lle sobran un metro de vela.
O Bote azul ese que está pendente de reparar que nos cederon tamén, contra as rochas. Non tivo moito destrozo porque xa esta feito po, pero foi ó fondo. O rescatamos o Domingo e agora polo menos xa saiu novamente a frote. Xa e a segunda vez que o refrotamos. Hai un acordo dunha asambleia por maioría de lle chamar o "Arre Carallo", pero eu penso que éste bote ten merecido tamén o nome de "Raxoi", porque pase o que pase milagrosamente acaba saindo novamente a frote. Mias tocado, pero no mar, no seu sitio.
A buceta "Punta fiateira" tamén deu a volta, ainda que quedou no sitio. Refrotárona os rapaces do Clube Recreativo (MOITISIMAS GRACIAS) o sábado. Coma por arte de maxia, conservou os remos, parte do enxaretado, a cana do timón e mais o rizón. A pala e outras pezas do enxaretado as rescatamos en terra, nas rochas.
E por último, a Balbina, como non, o noso buque insignia, non podería ser menos. Rachou unha das amuras, casualidade, onde estaba a cornamusa cos cabos de amarre. Algunhas cuadernas racharon a ras da obra morta, e houbo que refacerlle os amarres todos.
Ademias, temos o auxiliar en terra para reparar (despois de ter naufragado con el a semana anterior).
Resumindo, que nos pasou como o Felipe II, que tivemos que loitar contra os elementos. Neste caso, tamén perdimos.
Se cadra para o seguinte aniversario, podemos ofrecerlles ous deuses un sacrificio dun animal de granxa vivo ( por ex un rodaballo, unha centola, unhas necoras...) pero por favor, Deuses, se sodes tan amables:
NON NOS DESTROCEDES OS BARCOS, QUE NON DAMOS FEITO.